Resultados de procura - Smetana, Bedřich, 1824-1884

Bedřich Smetana

O pai, František Smetana (1832). Retrato de [[Antonín Machek :''Este artigo trata sobre o compositor checo, para a crema aceda véxase Smetana (lácteo).'' Bedřich Smetana (pronunciado ), nado o 2 de marzo de 1824 en Litomyšl (daquela pertencente ao Imperio austríaco e actualmente na República Checa) e finado o 12 de maio de 1884 en Praga (daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro e actualmente na República Checa), foi un compositor checo. Foi pioneiro no desenvolvemento dun estilo musical que quedou intimamente ligado ás aspiracións independentistas do seu país. É por iso que é recoñecido no seu país como o pai da música checa. Internacionalmente é coñecido pola súa ópera ''A noiva vendida'' e polo ciclo de poemas sinfónicos ''Má vlast'' («''A miña patria''») que representan a historia, lendas e paisaxes da patria natal do compositor.

Smetana posuía talento natural para o piano e deu o seu primeiro recital aos seis anos. Logo de recibir unha educación convencional na escola, estudou música con Josef Proksch en Praga. Escribiu a súa primeira composición nacionalista durante o levantamento de Praga de 1848, no que participou por pouco tempo. Ante a imposibilidade de iniciar a súa carreira en Praga, dirixiuse a Suecia, onde se estableceu como profesor e director de coro en Gotemburgo e comezou a escribir obras orquestrais a grande escala. Durante este período da súa vida, Smetana casou dúas veces e tivo seis fillos, dos cales tres faleceron durante a súa infancia.

A principios da década de 1860, un clima político máis liberal en Bohemia alentou a Smetana a regresar permanentemente a Praga. Entregouse á vida musical da cidade, principalmente como defensor do novo xénero da ópera checa. En 1866 as súas dúas primeiras óperas, ''Braniboři v Čechách'' (''Os brandeburgueses en Bohemia'') e ''Prodaná nevěsta'' (''A noiva vendida''), foron estreadas no novo Teatro Provisional de Praga, alcanzando esta última unha gran popularidade. Ese mesmo ano, Smetana chegou ser o director principal do teatro, mais os anos da súa dirección estiveron marcados pola polémica. As faccións encargadas da creación musical da cidade consideraban que a súa identificación coas ideas progresistas de Franz Liszt e Richard Wagner eran hostís ao desenvolvemento dun estilo de ópera checa distintivo. Esta oposición interferiu co seu traballo creativo e puido acelerar a degradación da súa saúde, precipitando a súa dimisión do teatro en 1874.

A finais de 1874, aos 50 anos, Smetana volveuse completamente xordo, mais, liberado das súas funcións no teatro e a polémica que causaba, comezou un período de composición constante que se prolongou durante case todo o resto da súa vida. As súas achegas á música checa ían sendo cada vez máis recoñecidas e respectadas, mais un colapso mental a principios de 1884 conduciu ao seu internamento nun asilo e o seu posterior falecemento. A reputación de Smetana como pai fundador da música checa fortaleceuse no seu país natal, onde os seus defensores o converteron nunha icona por riba dos seus contemporáneos e sucesores. Con todo, relativamente poucas das obras de Smetana se encontran no repertorio internacional e a maioría dos expertos estranxeiros tenden a considerar a Antonín Dvořák como o compositor checo máis importante.

Smetana ten sido considerado no seu país natal como o pai da música checa. Získáno z Wikipedie
  • Mostrando 1 - 2 Resultados de 2
Limitar resultados
  1. 1

    Klavírní skladby. Klavierkompositionen. por Smetana, Bedřich, 1824-1884

    Publicado 1989
    Partituras Libro
  2. 2

    Evening songs / por Hálek, Vítězslav, 1835-1874

    Publicado 2019
    Outros autores: “...Smetana, Bedřich, 1824-1884...”
    CD Audio